Información
Vostede está aquí:   Inicio  /  Historia  /  Tempos de cambio
  • Tanya en Fairy Bower (Australia) (1965)

Tempos de cambio

A fin de década do 60 veu marcada por diversos movementos sociais impulsados por unha mocidade que se preguntaba sobre a validez de todo o establecido. No surf, e tras a chamada “revolución da táboa curta”, os cambios tamén foron moi grandes. Os shapers aplicaron ao deseño de táboas a mentalidade aberta da época, sen medo a probar calquera idea nova, nunha etapa de experimentación sen precedentes. O camiño cara ás táboas de menor lonxitude parecía non ter límite. O estilo clásico de remar sobre os xeonllos desapareceu da noite para a mañá. Dise que foi nesta época cando o surf deixou de facerse sobre a táboa e pasou a facerse sobre a onda.

A maior lixeireza eliminou tamén boa parte das barreiras que até entón existían para os surfeiros máis novos e as mulleres. As pesadas táboas de madeira dos anos 20, 30 e 40, que esixían unha gran fortaleza física, desapareceron.

Portada:
1965 – Tanya en Fairy Bower (Australia)

  1968  /  Historia  /  Última actualización: Novembro 2, 2017 por Administrador  / 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *