Información
Vostede está aquí:   Inicio  /  Historia  /  O surf tamén se fai no aire

O surf tamén se fai no aire

Tras unha etapa sen apenas novidades, as manobras aéreas, xunto co tow-in, supuxeron a maior achega da década dos noventa á historia do surf. Herdeiras do skate, tiveron un morno inicio a finais dos sesenta, cando surfeiros que tamén patinaban, como Matt Kechele e Kevin Reed, comezaron a practicalas na auga. A progresión foi lenta. Tras eles, os californianos Davey Smith, John McClure e Bud Llamas, o australiano Cheyne Horan, o hawaiano Larry Bertlemann, e sobre todo o surafricano Martin Potter, incluíronas habitualmente no seu repertorio a

“Double grab air” de John Holeman en 1985

mediados e finais dos oitenta, facéndose cada vez máis visibles e populares. A principios dos noventa crese que John Holeman foi o primeiro en finalizar un aéreo 360. Bodyboarders, como o hawaiano Mike Stewart, supuxeron tamén unha gran influencia para a primeira xeración de surfeiros “aéreos”. Pero foron os californianos Christian Fletcher e Matt Archbold os que deron ao surf aéreo a súa forma actual e carácter. Ambos surfeiros non só voaban por encima das ondas. Coa súa forte personalidade, e impactante imaxe, converteron este modo de surfear nunha especie de subestilo que loitaba fronte ao establecido.

Pero todo iso “oficializouse” coa irrupción dun surfeiro chamado Kelly Slater. Slater converteuse en profesional aos 18 anos en 1990, e a súa chegada supuxo unha bocanada de aire fresco no mundo do surf: o seu estilo, mestura de acrobacias aéreas e xiros pechados até entón nunca vistos, definiu unha nova maneira de surfear, coñecida como “new school” (“nova escola”), que representou a toda unha nova xeración de surfeiros que incluía a Shane Dorian, Rob Machado, Shane Beschen, Ross Williams, Kalani Robb, Tim Curran, Taylor Knox, Benji Weatherley ou Shane Powell, e que quedou plasmada en películas como “Momentum”, de Taylor Steele.

Pero non todo o mundo estaba entusiasmado coa nova dirección. O ex surfeiro profesional, xornalista e shaper Dave Parmenter atreveuse a describir á nova xeración aérea como “simples esquíos voadores”, denunciando que a maioría das manobras que aparecían nas fotos das revistas non terminaban precisamente en éxito. Surfeiros como Gary Elkerton ou Sunny Garcia tamén desprezaron a nova tendencia. “O bo surf”, dixo Elkerton, “baséase na forza, a velocidade e a fluidez”. Con todo, a principios dos anos 2000, os aéreos  convertéronse nunha manobra básica no repertorio dos novos mozos profesionais. Durante boa parte dos anos seguintes a evolución do surf seguiu esa liña, con toda unha nova serie de manobras aéreas desenvolvidas por surfeiros como Josh Kerr, Dane Reynolds, Julian Wilson, Gabriel Medina, John John Florence, Kolohe Andino, Felipe Toledo ou Craig Anderson.

Portada:
Martin Potter – Primeiro aereo completo na portada da SURFING – Xullo de 1984

  1990  /  Historia  /  Última actualización: Novembro 3, 2017 por Administrador  / 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *