Información
Vostede está aquí:   Inicio  /  Pantín Classic  /  Océano Surf Club e datos

Océano Surf Club e datos

Mes de Decembro. Vicente Irisarri, Carlos Bremón, Gonzalo Barro, María del Carmen Aguilar e Fernando Gómez crean o Océano Surf Club, o primeiro club de surf de Galicia.

Por Pantín pasaron oito campións do mundo de surf: Tom Curren, Mark Ochiluppo, C.J. Hoodgood, Damien Hardman, Sunny Garcia, Joel Parkinson, Gabriel Medina e Sofia Mulanovich. Tendo en conta que o surf profesional chega a España relativamente tarde, este dato pon en perspectiva a magnitude deste campionato. Na edición de 1999 o número de inscritos na proba tocaba a cifra récord de 200 surfeiros, 56 deles australianos. Ese mesmo ano 25.000 persoas foron testemuña do triunfo dun dos mellores surfeiros de todos os tempos: Joel Parkinson.
En 2000 celébrase en Pantín o primeiro WQS feminino de España.

En 2008 o Club Praia de Pantín toma as rendas como entidade organizadora e en 2009 o Pantín Classic é nomeado mellor evento deportivo de Galicia pola Xunta. Xa en 2010 Pantín convértese, xunto con Azores, na única praia de Europa na que se celebran simultaneamente unha proba masculina e feminina WQS 6 estrelas.

CIFRAS E DATOS SOBRE PANTÍN

Dez foron os campións do mundo que participaron nalgunha das anteriores edicións do Pantín Classic: Tom Curren, Mark Ochiluppo, C.J. Hobgood, Damien Hardman, Sunny Garcia, Joel Parkinson, Gabriel Medina, John John Florence, Sofia Mulanovich e Tyler Wright.

Por Pantín pasaron tamén Bruce Irons, Michael Campbell, Taj Burrow, Jeremy Flores, os irmáns Malloy, Shane Powell, Richie Collins, Yuri Sodre, Paul Canning, Greg Emslie, Shane Bevan, Flavio Padaratz, Damien Hobgood, Nicky Wood, Toby Martín, Bobby Martinez, Jake Peterson, Peter Mel, Michel Bourez, Jordy Smith, Matt Wilkinson, Josh Kerr, Julian Wilson, …

25.000 espectadores chegáronse a concentrar na praia durante os catro días da edición do ano 1999.

Segundo El Ideal Gallego a cifra chegou aos 40.000 espectadores en 1990.

200 inscritos no ano 1999. 56 deles australianos.

Máis de 30 países representados dos cinco continentes.

Eneko Acero, Shawn Sutton, William Cardoso e Marlon Lipke foron os únicos bicampións. En mulleres,  Marie Pierre Abgrall, Adelina Taylor e Sage Erickson ostentan tamén dous títulos cada unha delas.

Jorge Imbert, surf open, e Gonzalo Casal, bodyboard, vencían na primeira edición do Pantín Classic en 1988.

Máis de 229.000 referencias en internet.

200.000 visitas á web na edición do ano 2010.

Primeiro campionato WQS feminino que se celebra en España no ano 2000. A incorporación da proba feminina no programa do Pantín Classic, e o que se mantivo até a actualidade, foi fundamental para o desenvolvemento e a consolidación do surf feminino en España e Europa.

No ano 2017 cúmprense 30 edicións do campionato, só superado polo Lacanau Pro (31 edicións no ano 2012).

2.000 posters. 5.000 revistas. 200 acreditacións para prensa.

O surafricano Zuonco Cordoni, o australiano Mark Rosser, o americano Daniel Sunway e o brasileiro Roberto Zilles foron os primeiros estranxeiros que competiron en Pantín en 1988.

700.000 pesetas, 4.200 €, en premios repartíronse na edición de 1990. Na edición de 2017 o importe os premios supera os 200.000 €. Máis de 1.800.000 $ repartidos en premios nestes 30 anos.

David Malherbe, Mat Manners e Mike Raven primeiros surfeiros profesionais en Pantín en 1989.

A revista Surfer dá cobertura internacional ao campionato publicando os resultados da proba do ano 1989.

Moitas foron as actividades paralelas ao campionato: carreiras de mushing, exhibicións de BMX, rampla de snowboard, concertos, concursos de pintura, limpezas de praia, expression sessions, proxeccións de diapositivas, … Pero sen dúbida, de entre todas elas, a que máis éxito tubo foi o guindastre de Red Bull.

No ano 2011, durante o campionato, impartíronse máis de 300 bautismos de surf.

Eneko Acero, con 23 participacións, é o surfeiro que en máis edicións participou do Pantín Classic. A primeira en 1992, e desde entón só faltou en 2002 e 2006. Séguenlle Gony Zubizarreta, o surfeiro de Zarautz Hodei Collazo, e o portugués Rubén González, cun total de 15 participacións. Entre as mulleres Pauline Ado, con 13 participacións, e Estitxu Estremo con 11, son as que en máis ocasións participaron en Pantín.

 

 

  1987  /  Pantín Classic  /  Última actualización: Novembro 6, 2017 por Administrador  / 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *