Información
Vostede está aquí:   Inicio  /  Historia  /  O swell do século

O swell do século

Portada da revista Surfer Magazine de principios de 1970 que cubriu o Big Swell do ’69.

Durante a primeira semana do mes de decembro de 1969 chegou a Hawaii a que se denominou a “treboada do século”, que trouxo ondas monstruosas a Hawaii e a costa Oeste dos Estados Unidos.

Ondas de máis de 10 metros golpearon a costa norte da illa de Kauai a media tarde do día 1 de decembro. As ondas eran insurfeables ao longo da North Shore. Jeff Hakman, Jock Sutherland e Bill Hamilton voaron ata Maui para coller ondas de máis de 5 metros en Honolua Bay. Na mañá do 4 de decembro, un pequeno grupo de surfeiros, entre os que estaban Wally Froiseth, Fred Hemmings, Jim Blears, Randy Rarick e Rolf Aurness, surfearon ondas de máis de 6 metros en Makaha. Pola tarde, o mar seguiu crecendo, e Greg Noll colleu en Makaha unha onda de máis de 10 metros e medio (35 pés), que foi considerada durante moito tempo como a onda máis grande nunca antes surfeada.

As ondas chegaron a California o 4 de decembro. Ricky Grigg, gañador do Duke Kahanamoku Classic de 1966, surfeou en La Jolla ondas de máis de 5 metros. En Rincón, as ondas que colleron Al Merrick, David Nuuhiwa e Reno Abellira superaron os 6 metros.

Aínda que antes e despois da treboada de 1969 vivíronse outras con ondas excepcionais, as máis notables en 1953, 1983, e 1998, a de 1969 é aínda hoxe recoñecida como o “swell” máis importante da historia. Imaxes da “treboada do século” aparecen nas películas “Cosmic Children”, “Pacific Vibrations” e “Tracks”, todas estreadas en 1970.

 

Portada:
Imaxe real? Polémica foto da mítica onda de Greg Noll en Makaha. Foto: Alby Falzon

  1969  /  Historia  /  Última actualización: Novembro 5, 2017 por Administrador  / 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *