Información
Vostede está aquí:   Inicio  /  Historia  /  Mickey Dora e a fin dunha época

Mickey Dora e a fin dunha época

O surf estaba de moda, e a moda significou para moitos surfeiros a perdida da exclusividade das ondas. En California o surf comezou a crecer de modo desaforado, até tal punto que a costa foi invadida por turistas ávidos de surf. Pronto resultou imposible coller ondas tal e como se viña facendo. Os tempos dunha costa californiana reservada para os creadores do hot dogging chegaran á súa fin. Surfear en solitario en Malibú era imposible en 1961, con máis de 150 surfeiros no pico.

Lance Carson, Mike Doyle, Mickey Muñoz, Johnny Fain, Dewey Weber e Terry “Tubesteak” Tracy foron algúns dos surfeiros mais destacados da época. Pero foi Mickey Dora, o divertido e cínico “Cabaleiro Negro de Malibú”, quen mellor representa a esta época. Dora enfrontábase ás ondas dun modo creativo, case artístico. Os seus xiros e recortes podían ser similares aos dos mellores surfeiros da época, pero Dora destacou polos constantes axustes que facía entre movementos: mans, cabeza, ombreiros e pés movíanse a un ritmo que ningún outro surfeiro era capaz de reproducir, mentres trazada unha elegante liña pola parede da onda. A pesar da súa compostura forte e ombreiros anchos, era moi rápido e áxil cos seus pés, o que lle valeu o alcume de “Da Cat”.

 

Pero Dora foi tamén o surfeiro que se rebelou contra a invasión de Malibú, converténdose no símbolo dunha resistencia que estratificou socialmente as ondas: a “elite do surf”, con Dora á cabeza, converteron as mellores zonas da praia de Malibú nun “inferno” para os novos surfeiros: insultos, caídas provocadas… Era a guerra pola defensa dun patrimonio que se consideraba propio.

  1960  /  Historia  /  Última actualización: Novembro 3, 2017 por Administrador  / 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *