Información
Vostede está aquí:   Home  /  Historia  /  Internet

Internet

Do mesmo xeito que noutros sectores da nosa sociedade, internet chegou ao surf a mediados dos anos 90, cando, principalmente nos Estados Unidos, os surfeiros comezaron a acceder á rede para consultar as previsións de ondas en sitios web como a páxina da Administración Oceánica e Atmosférica Nacional (NOAA).

En 1994 o programador informático Ron Brivitch instalou unha cámara de vídeo fronte á casa dun amigo desde onde enviaba, cada 10 segundos, imaxes das condicións do mar que podían ser consultadas na web Surf Windows. Dita innovación levou a que empresas como Surfline e Surfcheck, que até entón ofrecían o servizo de consulta do estado das ondas a través de servizos de pago por teléfono e fax, pasásense a internet ante a inmediatez e variedade de información que esta parecía que era capaz de ofrecer. A finais dos 90, as condicións nas mellores praias de Hawaii, California, Florida, Sydney, Queensland ou Bali, podían ser consultadas a través de internet desde calquera lugar do mundo en tempo real. No Cantábrico, o portal Atlantic Surfer foi o primeiro en ofrecer este servizo para as costas españolas, aínda que a súa traxectoria foi curta ante a aínda reducida comunidade de surfeiros dos primeiros anos do século XXI.

O seguinte paso dérono as revistas de surf. Surfer foi a primeira en 1996 en ofrecer unha versión dixital, con noticias, resultados de campionatos, fotografías, vídeos e ligazóns a outras páxinas. Antes do cambio de século as principais revistas do mundo tiñan a súa propia versión dixital, ademais doutras webs especializadas na historia do surf, viaxes… As marcas tamén crearon os seus propios espazos, e no ano 2000 Kelly Slater sería o primeiro surfeiro en ter a súa propia web oficial.

A extensión do uso de internet levou á aparición en todo o mundo de múltiples webs e blogues que se converteron no medio de expresión de moitos surfeiros, chegando a crearse unha comunidade dixital cunha crecente actividade. A facilidade de publicar vídeos, e o aumento das velocidades de descarga, levou á práctica extinción da edición de DVDs con producións centradas no surf.

  1994  /  Historia  /  Última actualización: Novembro 6, 2017 por Océano Surf Museo  / 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site is registered on wpml.org as a development site.