Información
Vostede está aquí:   Inicio  /  Historia  /  HAWAII. A orixe da cultura surf

HAWAII. A orixe da cultura surf

Independentemente das experiencias en Perú, China e África Occidental, o verdadeiro desenvolvemento da cultura surf tivo lugar en Hawaii.

Procedentes do Pacífico Sur, os polinesios chegaron ás deshabitadas illas Hawaii moi probablemente entre os séculos IV e V a.C. (teorías recentes sitúan con todo esta chegada no século XI d.C.), atopándose cun lugar perfecto para a práctica dunha actividade moi arraigada no seu modo de vida: coller ondas.

A práctica de coller ondas era común nas illas da Polinesia Oriental (ademais de en Hawaii, sábese que se practicaba tamén nas Marquesas, Tahití, as Illas Cook e Nova Zelanda). Deste grupo, só os tahitianos e hawaianos usaban táboas dunha certa lonxitude e colocábanse de pé sobre elas. E de entre estes dous pobos, só os hawaianos, probablemente sobre o 1200 d.C., converteron o surf, denominado na antiga tradición hawaiana “he’e nalu”, no centro da súa cultura. Para os hawaianos coller ondas era algo máis que a súa actividade favorita, era o centro das súas vidas. Era tal a influencia que o océano e o surf tiña na súa cultura que era practicado por toda a sociedade. O deporte que na actualidade coñecemos como surf é só unha parte do que en Hawaii era a arte de “he’e nalu”, e que abarcaba unha ampla variedade de formas de deslizarse sobre as ondas: de pé, de xeonllos, deitado, o body surf e as canoas con estabilizador.

Un debuxo de Charles Victor Crosnier De Varigny (1829? 1899) – aventurero, diplomático e escritor francés – durante os seus viaxes polas illas hawaianas en 1855. De “El Mundo en La Mano”, publicado no 1878. | Universal History Archive/UIG via Getty Images

A Polinesia era unha sociedade ágrafa, que non coñecía a escritura, polo que non existen documentos escritos que recollan as tradicións que rodeaban á práctica do surf anteriores á chegada dos occidentais. As primeiras referencias locais proceden da tradición oral. As vellas cancións e lendas recuperadas polos historiadores falan de “he’e nalu” como un pasatempo dos deuses. Tamén reflicten o coñecemento que a sociedade hawaiana tiña sobre as cualidades medicinais das plantas e os ciclos celestes e a súa relación coa agricultura. E como non podía ser doutra maneira da súa relación co océano, o cal entendían como parte integrante da propia terra, e do que tiñan un coñecemento moi detallado.

Portada:

Surf-swimmers, 1870.
Wallis McKay?

Impreso en:
The Uncivilized Races of Men in all Countries of the World. Wood, John George.
Volume 2
G. Routledge and Sons, London, 1870.
First published in 1868

  1200  /  Historia  /  Última actualización: Novembro 3, 2017 por Administrador  / 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *