Información
Vostede está aquí:   Home  /  Historia  /  Ferrolterra

Ferrolterra

A mediados dos anos 70 xorde en Ferrol o terceiro núcleo de surf de Galicia. Juan Abeledo (fillo), estudante de Náutica en Coruña, iníciase neste deporte en 1974. Tres anos máis tarde o seu pai, o primeiro e único socorrista en Doniños durante os anos 60 e 70, cumpriría á idade de 60 anos, a súa ilusión de aprender a facer surf. O modo de vida de Juan, e a súa muller Matilde Caridade, tivo unha gran influencia no grupo de primeiros surfeiros galegos: “O modo no que Juan e Matilde vivían en Doniños, – conta Jose Queimarán – impactounos un montón. Vivían en total contacto coa natureza. Eles foron as primeiras persoas ás que ouvimos falar do respecto e coidado da natureza, hoxe ideas tan en voga”. Aos Abeledo seguiríanlles os Antón e Juan Chedas, así como a familia Gómez Carballal e Gómez-Couto.

Antes de formarse este grupo, tense a referencia doutros surfeiros na praia de Valdoviño, entre o grupo que presta o servizo de socorrismo de forma voluntaria na que era a praia máis popular da comarca de Ferrol neses anos. Entre ese grupo atopábase Dámaso Bueno “Masso”, estudante de naútica tamén na Coruña, e que xunto con Juan Abeledo fillo, serían dúas figuras fundamentais para a unión dos núcleos de surfeiros de Ferrol e A Coruña.

 

  1974  /  Historia  /  Última actualización: Novembro 3, 2017 por Océano Surf Museo  / 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site is registered on wpml.org as a development site.