Información
Vostede está aquí:   Inicio  /  Novas  /  Enrique Artero guiará unha visita á súa colección privada de táboas como broche de ouro ó seu paso polo Océano Surf Museo

Enrique Artero guiará unha visita á súa colección privada de táboas como broche de ouro ó seu paso polo Océano Surf Museo

Valdoviño, 9 de abril de 2018. O Concello de Valdoviño porá este venres, 13 de abril, o broche de ouro á primeira exposición temporal do Océano Surf Museo, o primeiro de España adicado a este deporte. Dende primeiros do mes de decembro, o museo albergou a colección privada de táboas de Enrique Artero, considerada como a máis importante de España. Unha mostra que reflicte a evolución das táboas dende os inicios do surf en Europa ata os nosos días. E, este venres, clausurarase cun último percorrido guiado polo propio Enrique Artero. Será a partir das 19 horas, con aforo limitado. Así, aqueles que desexen tomar parte na iniciativa deben formalizar a súa inscrición ben no enlace: FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN ou no teléfono 645 305 229.

Exposición de táboas de Surf. Col. E. Artero

Así mesmo, o acto terá segunda parte, xa que Javier Amézaga, cofundador e director editorial da revista 3sesenta, amáis de experimentado surfista, visitará Valdoviño para presentar dous dos seus libros, obras de referencia no mundo do surf en España: Surfing The Basque Country e Mundaka surf to live Craig Sage. O acto desenvolverase no auditorio da Casa da Cultura, a partir das 20 horas e non é necesario inscrición previa. Surfing The Basque Country reflexa a identidade do surf vasco a través da imaxe: a súa historia, cultura, arte, industria, surfistas… namentras que Mundaka surf to live Craig Save ofrece un repaso histórico do que significa o surfing en Mundaka a través da visión do surfista australiano Craig Sage afincado nesta localidade dende comezos da década dos 80.

  2018  /  Novas  /  Última actualización: Abril 9, 2018 por Administrador  /  Tags: , , , , , , ,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *