Información
Vostede está aquí:   Home  /  Novas  /  A arte esquecida do bodysurfing

A arte esquecida do bodysurfing

O “surf” asociouse comunmente a deslizarse nunha onda sobre unha táboa. Pero existen moitas moitos outras formas de “surf”. O bodysurfing, no que o deslizamento lógrase empregando só o corpo como superficie de planeo, talvez sexa a forma orixinal e máis pura do “surf”.

Antes da aparición do “invento” (leash) na década de 1970, todos os surfeiros eran excelentes bodysurfers, xa que tras unha caída esta era a maneira máis rápida de recuperar a táboa que fora arrastrada polas ondas ata a beira. Nos 90, chegouse a describir ao bodysurfing como “unha arte perdida”, pero no novo século, a súa popularidade aumentou. Un dos responsables máximos deste rexurdimento é Mike Stewart que definiu ao bodysurfing como “a mellor interacción entre o home e a natureza que pode existir”.

Pouco se coñece sobre as orixes do bodysurfing, pero é de supor que a súa aparición foi coetánea á do surf. As primeiras referencias que se teñen del como práctica distinguida do surf remóntanse a 1899 e ao australiano Fred Williams, que aprendeu a facer bodysurf grazas a Tommy Tanna, un polinesio que traballaba en Sydney como xardineiro. En Estados Unidos popularizouse a mediados dos anos 20 grazas ao nadador olímpico Wally O’Conner. En 1931, o bodysurfer de Los Ángeles, Ron Drummond, publicou The Art of Wave-Riding, unha introdución de 26 páxinas sobre os principios básicos do bodysurfing.

En 1932 un surfeiro de California, Owen Churchill, nunha viaxe a Hawaii, observou como varios locais aumentaban o poder do seu golpe de patada ao axustar aos seus pés unhas follas de palma. A partir desa visión, e en 1940, Churchill creo a ferramenta que se convertería no equipo básico do bodysurfing: as aletas Churchill. Máis tarde aparecerían os “handplane”, unha sinxela peza de madeira contrachapada que dá unha maior sustentación na onda. Cal Porter, socorrista en praia de Santa Mónica, foi o primeiro en coller as ondas cun certo ángulo seguindo a parede da onda, en lugar de ir sobre a espuma en dirección á praia.

As ondas máis adecuadas para bodysurfing son rompientes moi verticais e rápidas. Entre as máis coñecidas están Sandy Beach e Makapuu na costa Este de Oahu en Hawai e The Wedge, en Newport Beach, California.

O bodysurfing foi sempre a forma menos divulgada de surf. Porén varios bodysurfers foron recoñecidos ao longo da historia pola súa destreza: Buffalo Keaulana e Barry Holt de Hawaii; os californianos Bud Browne, Candy Calhoun, Larry Lunbeck e Mickey Muñoz; o australianos Don McCredie, Tony Hubbard, Max Watt, e Michael Fay. Pero de entre todos, destacan o socorrista hawaiano Mark Cunningham, e o nove veces campión mundial de bodyboard, Mike Stewart.

Os primeiros anos do século XXI supuxeron un renacemento para o bodysurfing. Os surfeiros Chris, Keith e Dan Malloy desenvolveron un serio interese polo bodysurfing, que se plasmou na película de Keith Malloy: “Come Hell ou High Water” (2011).

  2017  /  Novas  /  Última actualización: Novembro 3, 2017 por Océano Surf Museo  / 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site is registered on wpml.org as a development site.