Información
Vostede está aquí:   Home  /  Historia  /  A anexión a EEUU

A anexión a EEUU

En 1875 empresarios dos Estados Unidos controlaban máis do 80% do terreo cultivable das Illas, principalmente dedicado á plantación de cana de azucre. O aumento dos intereses comerciais concluíu coa integración, en 1898, das illas nos EEUU. Foi nesa época cando a influencia da igrexa comezou a ser menor na sociedade hawaiana.

A principios do século XX, a minguada poboación nativa sobrevivía na súa maior parte en Honolulú, na illa de Oahu. Para compensar o descenso da poboación local, centos de miles de traballadores provenientes de Xapón, Filipinas, China, España e Portugal foron contratados para traballar nos campos de cana.

Pero tamén moitos americanos empezaron a chegar ás illas para desfrutar do seu clima e cultura. A través destes visitantes é como chegan ao continente as primeiras descricións de non-hawaianos contando as súas experiencias como surfeiros. Nestes anos empezan a publicarse revistas como “Paradise of the Pacific”, que entre os seus contidos inclúen escenas da vida nas illas que serviron para aumentar o atractivo turístico de Hawaii.

De entre as descricións desta época, a máis entusiasta foi a do escritor Jack London, que chegou ás illas en 1907 a bordo do seu barco Snark, e que quedou impactado cando viu como dous hawaianos collían ondas na praia de Waikiki. Aquela visión levoulle a describir o surf como “un deporte de reis”, e foi fundamental para a difusión do surf. A entusiasta descrición de London foi publicada pola revista “A Woman´s Home Companion” e fíxose tremendamente popular, o que supuxo un punto de inflexión en difusión do surf na sociedade americana de principios do século XX.

Portada:
1890. Surfeiros hawaianos
L. Fillol (debuxo): “Hawaiian Surf-riders, circa 1890.”

  1898  /  Historia  /  Última actualización: Novembro 5, 2017 por Océano Surf Museo  / 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site is registered on wpml.org as a development site.