Información
Vostede está aquí:   Home  /  Pantín Classic  /  4 Pantín Classic

4 Pantín Classic

A primeira edición con ondas inmensas. Quiksilver incorpórase como patrocinador principal do evento, iniciándose unha frutífera relación de patrocinio que termina no ano 1997. Durante o catro días do campionato, celebrado entre os días 3 e 6 de Outubro, celébranse en paralelo dúas probas: o campionato europeo, e o evento open aberto a surfeiros de todo o mundo. O importe en premios alcanza os 6.000 € e o británico Spencer Hargraves imponse nas dúas probas. O surafricano Clyde Martin visita Galicia por primeira vez. Celébrase por primeira vez o tag-team, ou campionato internacional por equipos, cun equipo galego formado por Luis Otero, Luis Novo, Gonzalo Casal “Super” e Leo Lugilde. O venres o guipuscoano Pablo Postigo perde a súa táboa ao romper o invento nunha onda de 4 metros, e é axudado polo británico Jonathan Owen a saír da auga. Tardan 20 minutos en logralo. Ante esta situación, Philip Brun, xefe de xuíces, suspende o campionato temporalmente ante a falta dun helicóptero que socorra aos surfeiros.

  1991  /  Pantín Classic  /  Última actualización: Novembro 8, 2017 por Océano Surf Museo  / 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site is registered on wpml.org as a development site.