Información
Vostede está aquí:   Inicio  /  Pantín Classic  /  30 Pantín Classic

30 Pantín Classic

O campionato que chegou ás tres décadas celebrouse entre os días 29 de agosto e 3 de setembro, cunha categoría de seis estrelas tanto na proba masculina como na feminina.

Destaca a infraestructura do campionato, así como a asistencia de público, os avances no proxecto ambiental Pantín Eco Surf e o nivel na participación, tanto en categoría masculina como feminina. Coco Ho (Hawai) e Jorgann Couzinet (Illa Reunión) gañadores nas súas respectivas categorías son unha boa mostra do nivel deportivo. Jorgann Couzinet deuno todo e impúxose ao brasileiro Michael Rodrigues, que despois de superar a Yago Dora en semifinais, parecía como favorito.

A grande sorpresa foi a actuación da estadounidense Caroline Marks. A moza de 15 anos disputaba a súa primeira final dun QS 6.000, despois de eliminar no camiño a algunha das grandes do circuíto como Tatiana Weston-Webb ou Bronte Macaulay.

  2017  /  Pantín Classic  /  Última actualización: Novembro 8, 2017 por Administrador  / 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *