Información
Vostede está aquí:   Inicio  /  Pantín Classic  /  28 Pantín Classic

28 Pantín Classic

A 28 edición do Pantín Classic celebrouse entre os días 1 e 6 de setembro, sendo un ano máis a única proba do circuíto mundial, desde ese ano WSL, que tiña lugar en España. Na proba feminina de seis estrelas, a surfeira biscaíña Leticia Canales chegaba á final tras vencer a surfeiras da talla das hawaianas Alessa Quizon ou Malia Manuel. Só na final puido con ela a surfeira de Barbados Chelsea Tuach, que con esa vitoria entraba no WCT do ano seguinte. Na proba masculina, de tres estrelas, a final enfrontou a dous brasileiros, Thiago Camarao e Deivid Silva, facéndose Camarao coa vitoria.

  2015  /  Pantín Classic  /  Última actualización: Novembro 8, 2017 por Administrador  / 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *