Información
Vostede está aquí:   Inicio  /  Pantín Classic  /  25 Pantín Classic

25 Pantín Classic

25 anos de historia, 25 edicións celebradas de modo ininterrompido. Os actos de celebración do 25 aniversario marcaron a edición de 2012. Nese ano a Xunta de Galicia outorga ao Océano Surf Club a “Distinción ao Mérito Deportivo”, en recoñecemento polo labor efectuado a favor do surf en Galicia, e en especial por organizar o Pantín Classic durante as súas 20 primeiras edicións. A principios do ano 2013 o Pantín Classic recibía a medalla de ouro da cidade de Ferrol. Publícase unha nova edición do libro sobre o campionato, recollendo os seus 25 anos de historia. Xa no evento, e cunhas condicións de mar excepcionais, repetíase a final celebrada facía 25 anos, con Jorge Imbert, Fernando Adarraga e Balbino Irisarri na auga, á que se sumarían despois outros participantes na edición daquel ano. Na competición feminina, cunha categoría de 6 estrelas, a californiana Sage Erickson vencería na final a Alizee Arnaud, conseguindo desta maneira a súa clasificación para o CT do ano seguinte. Na proba masculina, Marlon Lipke repetía o título conseguido no ano 2007, sumándose desta maneira á selecta lista de bicampións en Pantín.

  2012  /  Pantín Classic  /  Última actualización: Novembro 8, 2017 por Administrador  / 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *