Información
Vostede está aquí:   Inicio  /  Pantín Classic  /  21 Pantín Classic

21 Pantín Classic

Sen dúbida unha edición que pasará á historia por moitos motivos. Tras vinte anos o Océano Surf Club cede a organización ao Club Praia de Pantín, iniciándose unha nova etapa. Alcánzase a categoría de cinco estrelas na proba masculina, a máis alta na historia da proba, e o campionato é retransmitido por primeira vez en directo a través de internet, o que sobe o número de visitas da web a máis de 120.000. Na auga, as ondas permitiron gozar tamén doutra edición mítica, con series que superaron os 5 metros de altura, e con varias ondas puntuadas con 10 puntos. Na final “men to men”, o brasileiro William Cardoso vence ao tahitiano Michel Bourez. Na competición feminina a arxentina Ornella Pellizzari facíase coa proba. Trátase da primeira surfeira non europea en logralo.

  2008  /  Pantín Classic  /  Última actualización: Novembro 8, 2017 por Administrador  / 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *